Descrición
"Unha punta, unha pedra, un pobo" é a lenda que aparece gravada no monólito de Cabo Burela, xunto cunha rosa dos ventos e as súas coordenadas. E é que co nome de Cabo Burela ou Burela de Cabo figura en todos os mapas e cartas náuticas, dando o seu nome ao pobo. Tamén é coñecido como “a punta do Cabo”; e en canto ao de ser unha pedra, en puridade, trátase máis ben dun conxunto de rochas porque a PEDRA con maiúsculas é a pedra do faro, unha zona rochosa onde as ondas rompen con especial virulencia durante a invernada. Nesta zona non é estraño atoparse afeccionados ao avistamento de aves cos seus prismáticos. Máis info: burela.org/gal/cabo-burela-una-punta-una-piedra-un-pueblo
Localización