Patrimonio cultural la la-eye pink

Muros de "pedra en seco"

Descrición
.A técnica ou arte de ‘pedra en seco’ é o primeiro e único ben galego declarado Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola Unesco (ano 2018). Típica de zonas rurais, trátase dun proceso de construción caracterizado polo apilamiento de pedras co fin de unilas ou suxeitalas sen o uso de ningún outro material agás terra seca. Cunha orixe ancestral, "é un exemplo de relación equilibrada entre o ser humano e a natureza", segundo a Unesco. Respectuosas co medio ambiente, contribúen a mellorar a biodiversidade e a crear condicións microclimáticas propicias para a agricultura. Esta é unha declaración compartida con Asturias, Andalucía, Aragón, Baleares, Canarias, Cataluña, Estremadura, Valencia, e cos países de Croacia, Chipre, Finlandia, Grecia, Italia, Eslovenia e Suíza. En Burela, atopamos algún exemplo en muros, as construcións máis habituais desta arte.
Localización