Área recreativa fonte e lavadoiro de Lamela

Descrición

Pequena área recreativa instalada no ano 2022 e composta por mesas de madeira á beira dunha antiga fonte con auga potable, lavadoiro e regato. Pódese acceder a esta en coche ou camiñando. Situada no trazado da ruta circular de Burela, dun 18 km de lonxitude e de dificultade moderada,  que bordea toda a costa burelense, ascendendo ata o miradoiro Monte Castelo para gozar dunha incrible vista panorámica de parte da costa Cantábrica. Moi próximo a pé dos restos dun muíño, dun castiñeiro centenario e da igrexa e manancial da Vila do Medio. Posible pequeno percorrido a pé pola zona: https://es.wikiloc.com/rutas-a-pie/castineiro-centenario-igrexa-da-vila…

Localización