Descrición

Miradoiro desde o que contemplar unhas fermosas vistas da cavidade mariña coñecida como Igrexa de Coedo ou Coeda e a praia do Perdouro, dentro da área xeolóxica do mesmo nome e recoñecida como geosite, lugar de interese xeolóxica de relevacia internacional. Desde aquí sae un camiño de terra con pendente para acceder á praia. Se se ten intención de visitar a praia e a zona xeolóxica de O Perdouro é necesario facelo con precaución, consultando a táboa de mareas do día (cóbrese en períodos de marea alta) e levar calzado cómodo e adecuado, xa que é unha zona de pendentes, rochas e cantos rodados que poden atoparse húmidos.

Localización