Descrición
A Pasada das Cabras é unha das baixadas tradicionais á ribeira desde a parte de arriba dos cantís. É un camiño de terra con grande pendente que dá acceso á praia de Castrelo e á Igrexa de Coedo. Aínda que na parte baixa conta con escalóns, debe baixarse con máxima precaución e sempre en marea baixa, xa que durante os períodos de marea alta a auga chega aos primeiros chanzos.
Este camiño era usado de xeito habitual para baixar a recoller a olga, lámparos, ourizos ou pulpos.
Localización