Patrimonio cultural la la-eye pink Patrimonio mariñeiro la la-eye light-pink

Murais Confraría

Descrición

Dentro dos actos de conmemoración do centenario da Confraría de Pescadores ‘San Juan Bautista’ de Burela (2024) realizáronse varios murais en tres das catro fachadas do seu edificio.

Os artistas encargados do deseño e realización da obra son Martín Lestao, Belén Mogo (ambos tamén creadores do mural Burela-IN), Héctor Manasé e Diego Domínguez.

Nestes muros representouse a vida presente e pasada do porto de Burela e as súas xentes. Pódense ver persoas realizando diferentes traballos como o de redeira ou peixeira, mariñeiros, a proa dun barco, un fondo mariño con diferentes especies que se están a conservar grazas á pesca sostible, o torques de Burela, a pesca do bonito ou unha Virxe do Carme.

Estes murais pretenden ser totalmente inclusivos. Na súa creación participaron diferentes colectivos do ámbito social de Burela (discapacidade intelectual, enfermidades mentais, persoas maiores ou con alzheimer, etc.) Ademais, a obra da fachada ten a súa versión tiflolóxica e pódese ler unha explicación do proxecto en braille.

 

Localización