Descrición
Nos meses de xullo e agosto a lonxa de Burela abre ao público para mostrar a poxa diaria de peixe. As visitas son sempre guiadas e requiren de inscripción previa. Poden consultar as datas e forma de reserva no apartado ‘Visitas’ desta web.
A lonxa de Burela, xestionada por ABSA (Armadores de Burela S.A.) foi a primeira do mundo en utilizar desde 2021 un sistema de poxa oral totalmente automatizado.
Esta lonxa é líder en comercialización de pescada do pincho e bonito do norte, produtos de máxima calidade capturados con artes de pesca sostibles e respectuosas. Pero Burela non só é pescada e bonito, tamén conta cunha gran variedade de pescados e mariscos galegos. Diariamente na nosa lonxa póxanse máis de cen especies distintas.
Localización