Patrimonio natural la la-eye

Castiñeiro Centenario en Río da Vila

Descrición

Neste punto do rural de Burela, ao lado do curso do río Pomeda, atopábase un castiñeiro centenario que a inicios do 2024 foi derrubado por unha borrasca, xa que estaba moi debilitado.

En xullo do mesmo ano realizouse co seu tronco un banco escultórico que lamentablemente foi incendiado de xeito intencionado.

O castiñeiro segue a ser un símbolo e un recordo para todos os bureleses, sobre todo para os nosos maiores.

Por este lugar, chamado Camiño de Cinoche, transcorre a Ruta Circular de Burela, pero tamén é posible acceder con vehículo ata as inmediacións. Seguindo por esta senda non tardaremos en ver os restos do muíño hidráulico de Cinoche no curso do río, a fonte e lavadoiro de Lamela e máis adiante, seguindo as indicacións, chegaremos ata a igrexa da Vila do Medio.

Podemos atopar unha proposta de percorrido circular pola zona no seguinte enlace:

https://es.wikiloc.com/rutas-a-pie/castineiro-centenario-igrexa-da-vila…

Localización