Patrimonio natural la la-eye

Anteollos Miradoiro Monte Castelo

Descrición

Dende o ano 2022 podemos apreciar mellor as impresionantes vistas dende o noso miradoiro máis emblemático, o Miradoiro Monte Castelo,  coa instalación dun anteollos gratuíto, que nos achega as magníficas paisaxes.

Nos días despexados e sen bruma mariña as vistas da costa cantábrica son amplas, chegando a otearse a vila mariñeira asturiana de Tapia de Casariego hacia o este e Punta Morás, e as illas dos Farallóns ao oeste.

E se che interesa a xeoloxía debes saber que este miradoiro ten interese neste ámbito, xa que permite distinguir as diferenzas morfolóxicas entre a zona de cuarcitas ou a rasa cantábrica (que se estende ata Cantabria ) e a zona granítica, que conflúen en Burela. Máis info: https://patrimonio.camaraminera.org/gl/punto-de-interese/mirador-de-mon…

Localización