Descrición
Para saúdo e despedida dos barcos que saen a faenar, a Virxe do Espigón, a Virxe do Carmen, patroa dos mariñeiros, preside a entrada ao peirao. Trátase dunha escultura, rodeada de flores como ofrenda e mostra de devoción e agradecemento.
Visitable mediante cita previa excepto fins de semana, festivos, noites e dependendo sempre das actividades portuarias do día. Cita previa no mail burela@portosdegalicia.com ou nos teléfonos 982 870 134 (oficina Portos de Galicia), 669 777 688, 646 988 933 ou 660 711 277.
Localización