Patrimonio mariñeiro la la-eye light-pink

Lonxa de Burela

Descrición

NOTA: Suspendidas por motivos hixiénicos-sanitarios derivados da crise da Covid-19.

Algunha vez asistiches a unha poxa de peixe ou marisco? En Burela mesturamos tradición con modernidade. En 2021, e nun dos portos máis punteiros de España, estreamos na lonxa un sistema pioneiro no mundo, que nos converte na única poxa oral de pescado automatizada do planeta. Gustaríache coñecer o funcionamento deste sistema precursor, singular e novidoso? Cada verán organízanse en Burela as "Rutas da Lonxa", visitas guiadas gratuítas a unha das lonxas de maior volume de vendas de Galicia, xunto coas da Coruña, Vigo e Ribeira; líder en comercialización de Pescada do Pincho e Bonito do Norte, produtos de máxima calidade capturados con artes de pesca sostibles e respectuosas. Pero Burela non só é pescada e bonito, contando cunha gran variedade de pescados e mariscos galegos. E é que diariamente na nosa Lonxa póxanse máis de cen especies distintas.

Localización