A Igrexa de Coeda ou Coedo é unha cavidade natural de gran beleza e singularidade xeolóxica. Esta ‘igrexa’ ou ‘altar’ mariño consta dunha ‘cúpula’ sostida por catro arcos, a través dos cales penetra a auga do Cantábrico. Foi esculpida polo vento e o mar nun filón de cuarcitas con intrusións de distintas variedades de cuarzo cristalizado, salpicando as súas paredes dunha paleta de cores diversa, mesturándose tons ocres, avermellados, verdosos e brancos. Toda unha obra monumental e artística da natureza. Atópase na zona xeolóxica do Perdouro, declarada de interese xeolóxico internacional.
MOI IMPORTANTE: Cando acceda á área xeolóxica do Perdouro debe facelo con precaución, consultando previamente a táboa de mareas do día, evitando periodos de marea alta xa que chega a cubrirse polo mar. Visítea nos periodos onde a marea estea baixa ou baixando. Recomendable calzado cómodo e adecuado (zona de cantos rodados e rochas que pueden atoparse húmidas).
O Concello de Burela organiza rutas xeolóxicas guiadas e interpretadas en Semana Santa e durante os meses de xullo, agosto e setembro. Para máis información sobre os itineraios e as datas pode consultarse o seguinte enlace: https://burela.org/es/xeorutas-de-burela