Patrimonio mariñeiro la la-eye light-pink

Faro Pena Burela

Descrición

Burela, moi ligada ao mar, garda entre os seus símbolos máis prezados o seu faro. Foi construído entre 1959 e 1960 sobre un promontorio rochoso denominado ‘a Pedra’ ou Pena Burela, onde baten as ondas con especial virulencia. Este faro é en realidade unha marca cardinal leste que indica ás embarcacións coas súas cores e luces que deben pasar ao leste da mesma para entrar ao porto.
Con 8 metros de alto, pode ser divisado desde moitos puntos da vila, sendo un dos seus atractivos máis fotografados.
En marzo de 2014 un temporal con ondas de máis de 9 metros conseguiu partilo en dous. Tras este incidente foi reconstruído de xeito idéntico ao anterior usando un molde que hoxe é visitable. Os horarios destas visitas poden consultarse no apartado ‘Visitas’ desta web.
A zona do faro é un bo lugar para os amantes do submarinismo.

 

Localización