Patrimonio xeolóxico la la-eye yellow

Área Xeolóxica de O Cantiño

Descrición
Na zona de Castrelo, que está declarada " geosite", conflúe a rasa cantábrica (superficie de cuarcitas aplanada e rectilinea), que se estende ata San Vicente de la Barquera (Cantabria), co batolito de Burela-San Cibrao (granito). Podemos descubrir as características e morfoloxía da rasa Cantábrica durante un paseo pola área xeolóxica de O Cantiño, para posteriormente descubrir noutros paseos por Castrelo e A Marosa as diferenzas coas do batolito de Burela-San Cibrao, que son apreciables a primeira ollada. Aquí atoparémonos con estruturas de máis dun millón de anos de antigüidade, e formas caprichosas da natureza como fermosos arcos, covas mariñas e un illote de cuarcitas que parece desafiar á gravidade. Pode descubrila pola súa propia conta ou en grupo anotándose ás didácticas e amenas xeorutas guiadas ao Perdouro, que organiza de balde o Concello de Burela ao longo do ano. Máis info: https://burela.org/gal/xeorutas-de-burela . Consulte calendario aquí: https://burela.org/sites/default/files/xeorutas_panel96x196cm_veran21_g… . Inscricións: https://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com/2016/06/rutas-xeoloxicas-… (o prazo para anotarse ábrese 7 días antes da data de cada xeoruta). Prazas limitadas
Localización