Descrición

Fotografías: Reyco Burela FS

A sede do mellor equipo de fútbol sala feminino. Gustaríache asistir a partidos de fútbol sala de primeira división? Se a resposta é afirmativa o Vista Alegre é o lugar adecuado para iso. O Reyco Burela F.S. é o único club nacional que pode presumir de ter na máxima categoría tanto ao seu equipo masculino como feminino. Este último, coñecido popularmente como as ‘guerreiras laranxas’, foi nomeado polos Futsal Planet Awards 2021 como mellor equipo feminino do mundo, impoñéndose ao Sport Lisboa e Benfica de Portugal e ao Leoas da Serra de Brasil, despois dunha magnífica tempada na que gañaron todos os títulos aos que optaban: Copa da Raíña, Liga e Supercopa. Máis info: https://burelafs.org/

 

Localización