Descrición
Está documentada a existencia de muíños de auga en Burela desde o século XV. Pascual Madoz deixou escrito na súa obra de mediados do século XIX que había dous muíños na poboación para moer gran que funcionaban cinco meses ao ano, xa que o seu bo desempeño dependía da climatoloxía de cada inverno e do caudal do río. Os muíños de auga son elementos que cumpriron importantes funcións sociais en Galicia, abastecendo á poboación do seu principal sustento alimenticio, do gran moído para posteriormente elaborar pan, e servindo de lugar de reunión dos/as veciños/as, onde á espera da moenda charlaban, e mesmo, cantaban e bailaban, xurdindo festas espontáneas, e sendo a orixe do baile tradicional galego por excelencia, a muiñeira, palabra que tamén ten a súa orixe nestas edificacións, os muíños. Este muíño atópase moi próximo a pé dun castiñeiro centenario, e da fonte e lavadoiro de Lamela, polo que se poden visitar conxuntamente. Unha proposta de paseo pódela atopar no seguinte enlace: https://es.wikiloc.com/rutas-a-pie/castineiro-centenario-igrexa-da-vila…
Localización