O Observatorio da Mariña pola Igualdade impulsou en 2019 a creación do mural Djunta Mô - Xuntando as Mans (en crioulo caboverdiano e galego), de Mongui Art, que simboliza a unión do pobo caboverdiano e burelao. A comunidade caboverdiana, asentada na vila desde os anos 70, é a máis numerosa entre as que conviven en Burela (máis de 50 nacionalidades).
Esta é unha homenaxe e recoñecemento ao pobo caboverdiano e á Asociación Cultural Batuko Tabanka, formada por mulleres de Cabo Verde. Esta agrupación ten como fin a conservación, difusión e a posta en valor da súa cultura e o seu folclore. No centro do mural podemos ver ás compoñentes de Batuko Tabanka. Ao seu lado esquerdo Cabo Verde, a súa flora autóctona e as súas paisaxes. Ao dereito Burela, co seu faro, flora e paisaxe, que xa é tamén a súa. Burela e Cabo Verde unidas polo mar.
Descrición
Localización