Patrimonio cultural la la-eye pink

Mural "Burela, o mar e as súas xentes"

Descrición

Este mural pretende ser unha homenaxe a todas aquelas mulleres do mar, que a pesar de quedarse en terra, desenvolven labores fundamentais sen as que o sector pesqueiro non se podería soster.  Unha posta en valor do traballo das nosas redeiras, peixeiras e traballadoras de conserveiras. Un recoñecemento a todas aquelas que están e ás que xa non están.   Empregando materiais de refugallo, obxectos que devolve o noso mar Cantábrico, materiais cedidos polos colectivos homenaxeados, e cerámica de gres, que se recuperaron dunha antiga factoría de gres, entre outros,  os seus autores, Martín Lesteo e Belén Mogo, utilizan varias técnicas artísticas na súa obra, plasmada na parede dunha antiga conserveira recuperada. Nel pódese ver como as redes que confeccionan as redeiras sosteñen a un barco pesqueiro,  símbolo do que se pretende trasmitir con esta creación, na que tamén se poden ver mosaicos doutras mulleres traballadoras, o faro e a cheminea primitiva da antiga fábrica de cerámica guiando ás embarcación e os oficios representados. A iniciativa do mural inclúese dentro do proxecto #burelain, do concello de Burela, con fondos do GALP A Mariña Ortegal.

Localización