Descrición
Datada no ano 1987, trátase dun grupo de esculturas en ferro nas que o autor, Juan B. Puchades Quillis, plasma con gran mestría o traballo das xentes de mar, a través dun home recollendo as redes de pesca e unha muller co aparello sobre unha barca en granito, transmitindo forza e beleza. Esta obra encadraríase no expresionismo neofigurativo con reminiscencias ou paralelos na escultura contemporánea do século XX, modernizado artisticamente a través da forma, os materiais e a técnica unha clásica escena costumista. Unha merecida homenaxe ás nosas xentes e aos nosos oficios tradicionais! Máis info: https://burela.org/gl/patrimonio-artistico
Localización