Patrimonio cultural la la-eye pink

Igrexa Vila do Medio (pinturas do gótico tardío)

Descrición

Destacan as súas excelentes pinturas murais do século  XV, de autor descoñecido e factura arcaico medieval, encadradas dentro do estilo gótico tardío. Representan escenas da Paixón de Xesucristo. Actualmente consérvanse en bo estado dous: “A  flagelación” e “A sepultura de Jesús”. Como moitas outras na súa época, as pinturas foron cubertas de capas de cal ao longo dos anos para evitar a propagación de pestes e pragas, descoñecendo os fregueses a súa existencia. No ano 1962 deixou de ter culto e foi abandonada á súa sorte, apoderándose dela a vexetación e víndose abaixo parte do teitume, ata que afortunadamente no ano 1973, a medio destapar polas condicións nas que se atopaba o templo, descóbrenas uns nenos buscando unha pelota que lles caía accidentalmente no interior cando estaban a xogar nos seus arredores. Tamén é de resaltar a reprodución idéntica da Virxe do Pilar que doou a Catedral Basílica da nosa Señora do Pilar de Zaragoza. Información ampliada: https://burela.org/gl/patrimonio-arquitectonico.

Non dispoñibles temporalmente. Consulte dispoñibilidade en temporada alta.

Localización