Patrimonio cultural
pink
Escudo da antiga Casa Torre (Burela de Cabo)
Descrición
Consérvase só o escudo do que foi unha antiga casa torre, é dicir, unha torre defensiva, que á vez servía de vivenda señorial. Actualmente, no mesmo lugar construíuse un edificio que só conservou o escudo, no que locen as armas da familia que deu orixe á edificación, tamén coñecida como a casa do escudo. Di a lenda, recollida na web Galicia Encantada, que "hai unha casa chamada A Torre que foi construída polos mouros nunha noite. Cando se deitaron non había nada, e ao levantarse pola mañá xa estaba aquela magnífica casa en pé". Máis info: https://burela.org/gl/patrimonio-arquitectonico
Localización