Descrición
O coñecido popularmente como " Xiringote" representa un dos escasos exemplos coñecidos de bufadeiros en rochas graníticas a nivel mundial. Trátase, basicamente, dunha cheminea natural aberta nun cantil que está comunicada con simas mariñas. Nos períodos de mareas vivas ou temporal, a auga mariña choca con forza contra os cantís e sobe a través destas chemineas, saíndo despedida cara arriba polo oco, a modo de "géiser". Os termos bufadeiro e bufón derivan de bufido, son que produce un animal cando está anoxado. E é que a auga ao saír parece soltar unha especie de resoplido que se pode chegar a oír a considerables distancias.
Localización