Descrición
As rochas do noso litoral crean formacións e formas peculiares, chamando a atención d@s transeúntes. Este é o caso das rochas graníticas da praia de Ril, que esconden un animal, e como non podía ser doutro xeito pola súa localización, mariño. Uns opinan que o visitante é unha tartaruga, outros que é unha balea. Noutros tempos non era estraño atoparse unha balea en Burela, xa que desde tempos inmemorais foi porto baleeiro, alcanzando o seu máximo esplendor nos séculos XVI e XVII. Coa caza deste cetáceo, ademais de aproveitar a súa carne, fornecíase aceite como combustible para a iluminación ou para a cera das velas, fabricábanse as baleas dos paraugas... E ti, que ves en Ril? Tartaruga, balea ou ambas?
Localización