Patrimonio xeolóxico la la-eye yellow

Área Xeolóxica da Marosa

Descrición

Na zona de Castrelo conflúe a rasa cantábrica (superficie de cuarcitas aplanada e rectilínea que se estende ata San Vicente de la Barquera), co batolito de Burela-San Cibrao (granito). Podemos descubrir as características e morfoloxía deste último cun paseo pola área xeolóxica da Marosa. Aquí atoparémonos con formacións xeolóxicas excepcionais pola súa singularidade, como as diaclasas ortogonais, que simulan a forma dunha tableta de chocolate ou ‘O Xirigote’, un dos poucos exemplos de bufadeiro en granito a nivel mundial, ademais de pías, acanaladuras ou tafonís, todas elas formas moi caprichosas xeradas co paso dos anos.  
O Concello de Burela organiza rutas xeolóxicas guiadas e interpretadas en Semana Santa e durante os meses de xullo, agosto e setembro. Para máis información sobre os itineraios e as datas pode consultarse o seguinte enlace: https://burela.org/es/xeorutas-de-burela

 

Localización