Patrimonio mariñeiro la la-eye light-pink

Barco Museo Boniteiro "Reina del Carmen"

Descrición

Barco boniteiro do ano 1967, que estivo a faenar durante 30 anos, sendo un valioso testemuño da historia, cultura e vida mariñeira. No percorrido guiado polas súas estancias, que se atopan practicamente intactas, pódese observar o funcionamento dun barco das súas características, a súa organización, as súas tecnoloxías, a vida e tarefas diarias dunha tripulación en alta mar, as artes de pesca que se utilizaron neste e se seguen a utilizar nos portos do Cantábrico, ademais de moitas outras anécdotas e curiosidades. Foi premiado coa Bandeira Azul polas súas campañas de divulgación e concienciación sobre as artes de pesca respectuosas cos fondos e recursos mariños. Para máis info: https://burela.org/gl/barco-museo

Localización