Patrimonio cultural la la-eye pink

Pintura Mural Djunta Mô - Xuntando as Mans

Descrición
Desde o 2019, e promovido polo "Observatorio da Mariña pola Igualdade" existe un mural de Mongui Art, que baixo o lema Djunta Mô - Xuntando as Mans (en lingua criolla e galega), simboliza a unión do pobo caboberdiano e burelao. A comunidade caboverdiana é a máis numerosa entre as que conviven en Burela (ata 40 nacionalidades), asentándose na vila a finais dos anos 70. Unha homenaxe e recoñecemento á Asociación Cultural Batuko Tabanka, formada por mulleres de Cabo Verde e liderada por Antonina Semedo, e ao seu pobo. Esta agrupación ten como fin a conservación, difusión e a posta en valor da súa cultura e o seu folclore (forman un grupo musical). No centro, as compoñentes de Batuko Tabanka. Ao seu lado esquerdo Cabo Verde, a súa flora autóctona e as súas paisaxes. Ao dereito Burela, co seu faro, flora e paisaxe, que xa é tamén a súa. Burela e Cabo Verde unidas polo mar.
Localización