A Moncloa, Asociación de Mariñeiros Xubilados e Afíns
A asociación de xubilados do mar e afíns, A Moncloa, fundouse en Burela no ano 2008, coa finalidade primeira de crear un vínculo común entre os homes do mar que ficaban desembarcados por mor do devalar da vida; e que precisamente por iso, dispoñían de todo o tempo do mundo para contar as súas andainas profesionais a quen quixera escoitalos. Enseguida, esa familia mariñeira foise ampliando a todos aqueles que tamén "sentían e sabían ver o mar" ou que simplemente querían achegarse ao mundo mariñeiro; un mundo cheo de curiosidades e anécdotas que polo ben do noso patrimonio cultural non deberían caer no esquecemento. Por iso, desde "A Moncloa" ofrecen aos visitantes e locais todo aquilo que a súa memoria conserva sobre o que foi o seu oficio de homes do mar, que a maioría herdaron dos seus maiores, homes valentes e traballadores, que nos ensinaron a vivir o mar desde o mar.
VISITAS GUIADAS "A NOSA MEMORIA"
Horario: Xoves e venres, de 16:00 a 18:00 horas. Sábados e domingos, de 10:00 a 12:00 horas.
Teléfono: 665 013 838.
Visitas de balde.
Dirección: Rúa do Porto, 1, Burela (enfronte á Oficina de Información Turística).