Descrición
Trátase dunha variante costeira do Camiño do Norte, que caera en desuso. Por sorte, recuperouse recentemente seguindo os trazos marcados pola antiga documentación que o recolle. Une a vila de Ribadeo coa ancestral meca de peregrinación de Santo André de Teixido para visitar ao apóstolo do mesmo nome no seu santuario, enlazando a continuación co Camiño Inglés a Santiago de Compostela. Quen non coñece o dito popular "a San Andrés de Teixido vai de morto quen non foi de vivo", e as múltiples lendas que rodean a este lugar sacro?. A peregrinaxe por Burela transcorre pola fermosa igrexa da Vila do Medio e o antigo Camiño Real a Sargadelos. Máis info: https://burela.org/gl/rutas.
Localización