Patrimonio xeolóxico la la-eye yellow

Cala no Cantiño 2

Descrición
Cala inaccesible composta por grava na zona dos merendeiros da área recreativa do Cantiño. Nela pódese contemplar unha estrutura curiosa, que noutros tempos estivo unida á ribeira e que actualmente é un pequeno illote de cuarcitas que parece desafiar á gravidade, permanecendo instalado sobre unha plataforma máis dura e difícil de erosionar. Dispón dunhas escaleiras para acceder á fonte do Xudío, con auga potable, pero non ata a cala.
Localización