Patrimonio cultural la la-eye pink

Museo de Arte ao Aire Libre

Descrición

O espigón do porto de Burela acolle o Museo de arte ao aire libre, conformado por obras do Concurso internacional de pinturas murais AMARTE, celebrado de xeito anual entre os anos 2017 e 2023, coincidindo coa Feira do Bonito. Está composto por máis de 60 pinturas relacionadas co mundo do mar e coa propia vila. Nel participaron algúns dos e das mellores artistas murais do panorama actual. Unha boa forma de coñecelo é un relaxado paseo nocturno, xa que dispoñen de iluminación. 

 

Localización