Explora a historia da Terra nunha viaxe polas formacións rochosas do litoral burelés.
A través de tres percorridos guiados diferentes (A Marosa, O Cantiño e O Perdouro) poderás descubrir caprichos xeolóxicos como arcos, cavernas, unha ‘igrexa’ creada pola natureza, illotes que parecen desafiar á gravidade ou uns interesantes pregues de máis de 300 millóns de anos.
As nosas XeoRutas son actividades gratuítas, guiadas e interpretadas por unha xeóloga, que requiren de inscripción previa.
XEORUTAS VERÁN 2026
DATAS:
- O CANTIÑO:
- Agosto: día 13
- Setembro: día 13
- O PERDOURO:
- Xullo: día 30
- Agosto: días 14, 17 e 29
- A MAROSA:
- Xullo: días 12 e 26
- Agosto: día 30
- Setembro: día 12
HORARIO: todas as rutas comezan ás 10:30h.
O punto de encontro e saída de todos os itinerarios será na Oficina de Turismo de Burela. Prégase puntualidade.
A reserva previa de praza é obrigatoria e debe facerse desde 7 días naturais antes de cada unha das datas. As reservas feitas con anterioridade non se terán en conta.
RESERVE AQUÍ:
Máis información sobre as tres rutas e os tres itinerarios en:
https://burela.org/es/xeorutas-de-burela