Patrimonio xeolóxico la la-eye yellow

Área Xeolóxica do Perdouro

Descrición

A zona do Perdouro está recoñecida como ‘geosite’ ou lugar de importancia xeolóxica de relevancia internacional. Nesta área pódense atopar uns ben conservados pregues de máis de 300 millóns de anos de antigüidade, orixinados por causa da oroxenia varisca, e que pola súa importancia son coñecidos e recoñecidos polos xeólogos europeos. Ademais poderás contemplar formacións de gran beleza, destacando a ‘Igrexa de Coedo’, dunha natural monumentalidade.
MOI IMPORTANTE: Cando acceda á área xeolóxica do Perdouro debe facelo con precaución, consultando previamente a táboa de mareas do día, evitando periodos de marea alta xa que chega a cubrirse polo mar. Visítea nos periodos onde a marea estea baixa ou baixando. Recomendable calzado cómodo e adecuado (zona de cantos rodados e rochas que pueden atoparse húmidas).
O Concello de Burela organiza rutas xeolóxicas guiadas e interpretadas en Semana Santa e durante os meses de xullo, agosto e setembro. Para máis información sobre os itineraios e as datas pode consultarse o seguinte enlace: https://burela.org/es/xeorutas-de-burela

 

Localización