Descrición
A área xeolóxica do Cantiño permite descubrir as características e a morfoloxía da rasa Cantábrica, tamén apreciable na zona de Castrelo e moi diferente á da A Marosa, na que se apreza o batolito de Burela-San Cibrao. No Cantiño atoparémonos con estruturas de máis dun millón de anos de antigüidade e formas caprichosas da natureza como fermosos arcos, covas mariñas e un illote de cuarcitas que parece desafiar á gravidade.
O Concello de Burela organiza rutas xeolóxicas guiadas e interpretadas en Semana Santa e durante os meses de xullo, agosto e setembro. Para máis información sobre os itineraios e as datas pode consultarse o seguinte enlace: https://burela.org/es/xeorutas-de-burela
Localización