A zona de Castrelo está recoñecida como ‘geosite’ ou lugar de importancia xeolóxica de relevancia internacional. Nesta zona, de pouco máis de 300 metros cadrados, é onde se sitúa e se aprecia a zona de contacto entre materiais distintos: os granitos do batolito de San Cibrao-Burela e os materiais da rasa cantábrica, superficie aplanada e rectilínea que comeza en Burela e se estende por boa parte do Cantábrico ata San Vicente de la Barquera (Cantabria). Isto fai posible a observación e estudo de tres tipos básicos de rochas: as rochas magmáticas plutónicas, as rochas metamórficas e as rochas sedimentarias.
O Concello de Burela organiza rutas xeolóxicas guiadas e interpretadas en Semana Santa e durante os meses de xullo, agosto e setembro. Para máis información sobre os itineraios e as datas pode consultarse o seguinte enlace: https://burela.org/es/xeorutas-de-burela