Patrimonio mariñeiro la la-eye light-pink

Redeiras Cabo Burela

Descrición

Gustaríache desentrañar a través das propias redeiras o seu oficio? A Asociación Cabo Burela mantén viva este labor tradicional e artesanal. No pasado era este colectivo, formado exclusivamente por mulleres, o que reparaba e confeccionaba as nasas e redes, diferentes en función de cada arte de pesca, variando a técnica de confección da rede. Os aparellos empregados para iso foron evolucionando ao longo da historia, coñecerás desde os máis antigos ata os actuais. Aínda así, o traballo das redeiras mantívose practicamente inalterado no tempo, realizándose tal e como o facían as súas predecesoras décadas atrás, e continúa sendo unha importante seña de identidade da tradición mariñeira, cuxo papel é esencial para que os barcos poidan saír a faenar. Na súa nave, existe tamén un pequeno espazo onde se expón maquinaria e outros elementos de barcos pesqueiros. Ademais, elaboran artesanías como pulseiras ou broches de inspiración mariñeira. Visitas guiadas baixo reserva para grupos todo o ano.

Horario de verán (de xuño ata o 30 de setembro): de luns a venres, ás 11:00 h e ás 17:00 h. Visitas garantidas cun mínimo de 2 persoas. Grupos reducidos por motivos hixiénico-sanitarios derivados da crise do Covid.

De outubro a xuño concertar cita con antelación.

Teléfono: 630 75 79 10. Correo electrónico: caboburela@hotmail.com.

Dirección: Nave de Redeiras. Porto de Burela (ao lado da Cofradía de Pescadores)

Tarifas:
Maiores de 16 anos: 5 €
De 4 a 16 anos: 3 €
Menores de 3 anos gratis.

Localización