Rutas de sendeirismo la la-eye blue

Sendeiro Azul Ruta do Litoral Burelés

Descrición

De 6  km de lonxitude e dificultade baixa, a Ruta do Litoral comeza na Praia da  Marosa, que conta con: aparcamento, área de xogos infantil, posto de socorro, sanitarios, duchas, lavapés. Seguindo o paseo litoral, xa sexa a pé ou facendo uso do carril bici, chégase á Praia de Ril, que dispón de aparcamento, posto de socorro, sanitarios e ducha; a poucos metros pódese apreciar a elevación do asentamento  castrexo  de Cabo Burela, orixe do Torques de Burela. Avanzando uns metros atópase a Praia de Portelo, situada no centro urbano que conta con: aparcamento, posto de socorro, sanitarios, duchas, lavapés, cadeira anfibia. Seguindo a liña de costa, a poucos metros do inicio da dársena portuaria pódese visitar o Barco Museo “Reina do Carmen”. Seguindo na zona portuaria, cara á zona da lonxa climatizada, a aproximación á liña de costa permite descubrir a Área Xeolóxica do Perdouro. Outra opción é retomar a Ruta litoral burelense, que no seu tramo final achéganos á Praia do Cantiño, en cuxas inmediacións pode gozarse dunha área recreativa. Máis información: https://burela.org/sites/default/files/sendero.pdf

Localización