mais ala do mar

‘Máis alá do mar’ son visitas guiadas de dúas horas de duración pola Vila do Medio, un dos primeiros barrios de Burela. Nestas rutas de pouco máis dun quilómetro fálase da evolución dun pobo e unha vila a través da súa actividade económica. As visitas rematan na igrexa da Vila do Medio, que conserva pinturas de finais do século XV.

Nas próximas semanas publicaranse as datas das rutas de xullo e agosto.

Para visitas de grupos poden contactar coa oficina de turismo municipal: 982888506 // oficinadeturismo@burela.org