Explora a historia da Terra nunha viaxe polas formacións rochosas do litoral burelés.
A través de tres percorridos guiados diferentes (A Marosa, O Cantiño e O Perdouro) poderás descubrir caprichos xeolóxicos como arcos, cavernas, unha ‘igrexa’ creada pola natureza, illotes que parecen desafiar á gravidade ou uns interesantes pregues de máis de 300 millóns de anos.
As nosas XeoRutas son actividades gratuítas, guiadas e interpretadas por unha xeóloga, que requiren de inscripción previa.
Nas próximas semanas publicaremos as datas para as XeoRutas de xullo, agosto e setembro de 2026 e a forma de reserva.
Máis información sobre as tres rutas e os tres itinerarios en:
https://burela.org/es/xeorutas-de-burela