No ano 2014 un temporal causou grandes desperfectos no faro de Pena Burela. Para a súa reconstrución empregouse un molde consistente nunha estrutura metálica que hoxe se pode ver preto da praia da Marosa. Este proxecto que lle volveu dar vida ao molde recibiu o nome de ‘Burela Alumea | O Espello do Faro’.
No seu interior o artista David Catá creou a súa obra ‘La piel del mar’.
As visitas son guiadas e gratuítas e teñen unha duración aproximada de 30 minutos. É necesaria a preserva previa.
Nas próximas semanas publicaranse as novas datas de visita e o modo de reserva.
Para visitas de grupos poden contactar coa oficina de turismo municipal: 982888506 // oficinadeturismo@burela.org