barco

O Barco Museo Boniteiro ‘Reina del Carmen’ é un pesqueiro tradicional do Cantábrico co casco de madeira que foi reconvertido en museo etnográfico no ano 2000.

O ‘Reina del Carmen’, sempre amarrado no porto, ten visitas guiadas de 1 hora de duración durante todo o ano. Nelas pode verse todo o interior do barco mentres se coñecen distintas artes de pesca, a forma de vida durante unha marea do bonito durante os anos 70 e se fala da sostibilidade dos nosos mares.

Horario:

De setembro a xuño: 
Martes a venres visitas ás 11:00h-12:00h-13:00h-17:00h-18:00h. Sábados ás 11:00h-12:00h-13:00h. Pechado domingos, luns e festivos.

De xuño a setembro: 
Luns a venres visitas ás 11:00h-12:00h-13:00h-17:00h-18:00h-19:00h. Sábados ás 11:00h-12:00h-13:00h. Pechado domingos.

Tarifas: Maiores de 18 anos: 5€ // De 8 a 17 anos: 3€ // Menores de 8 anos: Gratis // Centros educativos: Gratis

Máis información e reservas: https://reservasbarcoboniteiro.burela.org/

Para reservas de grupos de máis de 20 persoas poden contactar coa oficina de turismo municipal: 982888506 // oficinadeturismo@burela.org